Ir o contido principal

A Escola de Alimentación é unha iniciativa da Fundación Eroski nada coa vocación de fomentar unha alimentación sa e uns hábitos de vida saudables entre os cidadáns. Para iso, a Escola de Alimentación está asesorada por un Comité Científico que achega unha visión externa, experta e independente.

Dentro da Escola de Alimentación, un equipo de nutricionistas, pedagogos, expertos en saúde e comunicadores, creamos o Programa Educativo “Enerxía para Crecer”, enfocado aos nenos e nenas en idade escolar. Este programa, polo que xa pasaron máis de dous millóns de escolares de ensino primario, compleméntase cunha Aula de Formación en Familia, que estende o noso proxecto de educación saudable ás familias.

Ademais, na Escola de Alimentación consideramos que nunca é tarde para formarse e adquirir hábitos de vida saudable polo que tamén contamos con iniciativas para formarnos a calquera idade.


O reto é movernos xuntos cara a unha sociedade máis sa

¡Benvidos á Escola de Alimentación!