
Benvidos á Escola de Alimentación
Aprende connosco na escola, en familia e a calquera idade
O reto é movernos xuntos cara a unha sociedade máis sa
A Escola de Alimentación é unha iniciativa da Fundación Eroski nada coa vocación de fomentar unha alimentación sa e uns hábitos de vida saudables entre os cidadáns. Para iso, a Escola de Alimentación está asesorada por un Comité Científico que achega unha visión externa, experta e independente.
Dentro da Escola de Alimentación, un equipo de nutricionistas, pedagogos, expertos en saúde e comunicadores, creamos o Programa Educativo “Enerxía para Crecer”, enfocado aos nenos e nenas en idade escolar. Este programa, polo que xa pasaron máis de dous millóns de escolares de ensino primario, compleméntase cunha Aula de Formación en Familia, que estende o noso proxecto de educación saudable ás familias.
Ademais, na Escola de Alimentación consideramos que nunca é tarde para formarse e adquirir hábitos de vida saudable polo que tamén contamos con iniciativas para formarnos a calquera idade.
- Fomentar unha alimentación e hábitos de vida saudables
- Formar e informar no ámbito da saúde a toda a familia
- Axudar a previr a obesidade infantil
- Impulsar prácticas de consumo sostible e responsable
- Pór en valor o consumo de produtos locais
Aprende connosco
Coñece as principais iniciativas que impulsamos para fomentar unha vida máis saudable e consciente a calquera idade



